Exposición artística de Antonio Quintía Basoa
Nova mostra na sala de exposicións da biblioteca
A sala de exposicións da biblioteca (na planta sótano) acollerá dende o xoves 3 ata o martes 29 de setembro unha mostra de pintura do naronés Antonio Quintía Basoa.
A colección está composta por máis dunha vintena de cadros onde o artista plasma o seu persoal estilo.
O horario de visita para esta exposición é o seguinte:
Do 3 ao 11 de setembro:
►Mañás de martes a venres de 10:00 a 13:00 horas.
►Tardes de luns e mércores de 18:00 a 21:00 horas.
Do 14 ao 29 de setembro:
►Luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
►Sábados de 10:00 a 13:00 horas.
O xoves 3 de setembro o artista estará na sala de exposicións durante o horario de apertura para comentar a súa obra con todas as persoas asistentes.
Engadir comentario