Narart, unha ponte á arte

luns, 29 de Agosto de 2022

Exposición colectiva de fotografía e pintura

A Asociación Narart (Narón, amigos el arte) expón na sala multiusos da planta soto da biblioteca unha mostra colectiva de pintura e fotografía que leva por título Narart, unha ponte á arte.

A asociación naceu en 2011 logo de que os seus membros fundadores/as se reuniran en Narón para constituir unha asociación cultural que levase o nome do noso concello e coa que difundir a arte en todas as súas expresións.

Ademais de organizar exposicións nas que amosar os seus traballos, a asociación ofrece cursos e obradoiros para nenos/as e persoas adultas. Unha das súas accións máis destacadas é a organización do Certame literario de poemas e relatos curtos que se convoca cada ano e que celebra en 2022 a súa décima edición.

A exposición que podedes visitar entre o 1 e o 15 de setembro está formada por 39 fotografías e 39 pinturas de temática diversa, obra de trece das das persoas membros da asociación:

  • Lucía Bouza Rodríguez.
  • Manuel Carballeira Rivas.
  • María José García, Chechela.
  • Juan García.
  • Maite López.
  • Kati Martín.
  • Manoli Miraz Miño.
  • Esther Piñán Oujo.
  • Crisanto Poveda Galego.
  • Carmen Rodríguez Sabín.
  • Rosa María Rodríguez.
  • Mercedes Urriza López.
  • Juan Rafael Zaplana Agüera.

O horario de vista da mostra será:

Do 1 ao 7 de setembro:

  • Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00 horas.
  • Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00 horas.

Do 8 ao 15 de setembro:

  • Luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Arte
Pintura
Fotografía
Narart