A sala multiusos da planta soto acollerá o venres 12 de maio ás 18:30 horas a presentación do libro Paula y su hermano, da naronesa Marta Teijido.
A escritora é psicopedagoga e experta en educación infantil. Leva moitos anos traballando pola mellora da calidade de vida dos nenos e nenas con discapacidade funcional e ten publicados anteriormente outros traballos como unha investigación sobre a orientación na Universidade, un libro sobre xustiza xuvenil restaurativa e diferentes artigos sobre técnicas de estudo ou intelixencia emocional....





