Presentación de "El tren de la poesía"
Maite Gascón presenta un poemario infantil na biblioteca
O venres 9 de xuño ás 18:30 temos unha cita na nosa sala de usos múltiples da planta soto para asistir ao acto de presentación de El tren de la poesía, o primeiro libro publicado por Maite Gascón.
Maite Gascón naceu en Guijuelo, Salamanca, nun fogar no que a lectura sempre estivo moi presente. Dende nena desenvolveu un gusto especial pola poesía e comezou a converter todo o seu mundo exterior nunha fantasía poética que plasmaba en papel. Segundo as súas palabras, a súa obra está inspirada sobre todo nos autores e autoras da Xeración do 27.
O libro que agora nos presenta, editado por Diversidad Literaria, está especialmente orientado a espertar o gusto pola poesía nos nenos e nenas de entre 6 e 8 anos. Esta é a primeira publicación da autora, que ten pendente de editar outros tres libros de poesía infantil e dous poemarios para persoas adultas.
O acto está aberto ao público ata completar o aforo da sala.
Engadir comentario