Presentación de "El oro de Himmler"
O naronés Juan José Lada Vilariño presenta na biblioteca a terceira parte da saga El tesoro de Artabria.
O venres 16 de decembro ás 19:00 horas a sala multiusos da planta soto da biblioteca recibirá unha vez máis ao escritor naronés Juan José Lada Vilariño.
Tras publicar anteriormente El tesoro de Artabria e Las minas de Santa Comba, Lada Vilariño presenta agora a terceira parte da saga, unha novela que leva por título El oro de Himmler, centrada en valores como a amizade e a cooperación. A triloxía ubícase xeograficamente en escenarios nos que recoñeceremos a beleza e a historia da nosa contorna.
O acto de presentación do libro está aberto ao público en xeral ata completar o aforo da sala.
Engadir comentario