A nosa sala multiusos acollerá o venres 30 de outubro, ás 18:00 horas, a presentación de Tenebri Mundo II, a nova obra de Francisco Maldonado (Valdepeñas, 1965), autor especializado en relatos de temática sobrenatural. No acto estará acompañado por Susana Bermejo, pintora ferrolá.
A afección de Maldonado pola escritura de contos sobrenaturais comezou a unha idade temperá. En 1982 obtivo o primeiro premio nun concurso escolar de relatos, aínda que a súa primeira publicación, o conto Límites difusos, non chegou ata...





