Presentación do libro Mujer volcán: prosa para intensos

Hateya Vallejo García presenta a súa estrea literaria
O venres 30 de maio ás 18:30, a sala multiusos da biblioteca acollerá a presentación do libro Mujer volcán: prosa para intensos, da autora Hateya Vallejo García.
Nada en La Línea de la Concepción (Cádiz) en 1997, Hateya Vallejo forma parte da Armada española e desenvolve tamén a súa faceta como escritora. Neste libro que nos vén presentar, a autora propón unha obra en prosa lírica marcada pola expresión emocional e a experiencia vital, na que aborda temas como o amor, a perda, a identidade e a reconstrución persoal.
Mujer volcán (Editorial OléLibros, 2025) é o primeiro libro publicado pola autora e está concibido como unha reflexión literaria arredor da intensidade emocional e da capacidade de superación. A través dunha voz íntima e directa, Hateya Vallejo combina memoria e escrita creativa nun conxunto de textos que invitan á lectura pausada e á empatía.
Ao remate da presentación, as persoas asistentes poderán adquirir exemplares da obra.
A autora estará acompañada por Daniel Jérica Sánchez.
A entrada a este acto é libre ata completar o aforo da sala.
Engadir comentario