Debatemos?
Actividade multidisciplinar con debate filosófico na biblioteca.
Sabiades que a filosofía e o debate filosófico poden desenvolver diversas habilidades nos máis pequenos/as como poden ser o sentido crítico, a creatividade, a concentración, a escoita ou a comunicación?
Co obxectivo de promover e potenciar estas capacidades este sábado 13 de abril ás 11:00 convidamos aos nenos e nenas a participar nunha actividade multidisciplinar na biblioteca.
Durante a actividade leremos varios contos seleccionados e motivaremos á reflexión a través dun debate por equipos. Será unha oportunidade única para estimular o pensamento crítico e a imaxinación entre os nenos e nenas mentres se divirten e aprenden.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os 5 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 9 de abril ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario