Aprende a facer un podcast!
Obradoiro creativo para mocidade (a partir de 14 anos) e público adulto.
Os podcasts son unha ferramenta de comunicación cada vez máis popular. Xa sexa para compartir opinións, experiencias, entrevistas ou temas especializados, un podcast ofréceche a liberdade de expresarte e chegar a públicos en todo o mundo.
Se queres aprender a crear o teu propio podcast non perdas esta oportunidade que che ofrecemos! O venres 4 de outubro ás 18:00 a biblioteca organiza un obradoiro titulado Aprende a facer un podcast, dirixido a persoas maiores de 14 anos.
Para participar nesta actividade non é necesaria ningunha experiencia previa. Neste obradoiro aprenderás todos os pasos necesarios para lanzar o teu propio proxecto, dende a redacción do contido ata a gravación e edición. Ademais, traballarás técnicas de locución, teatro e dobraxe para mellorar a interpretación e calidade do teu podcast. Practicarás a lectura interpretativa, a modulación da voz, a vocalización e a locución, aspectos fundamentais para conectar coa túa audiencia e transmitir as túas ideas de maneira eficaz.
Ao finalizar o obradoiro poderás subir o teu primeiro podcast á nube!
Información do obradoiro:
- Data: Venres 4 de outubro.
- Horario: de 18:00 a 20:15 horas.
- Idade mínima: 14 anos.
- Inscrición: a partir do luns 30 de setembro ás 9:30, de maneira presencial ou no 981382173.
Anímate a participar e descubre todo o que podes facer cun podcast!
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.
Engadir comentario