Caxoto: grandes éxitos 2004-2024

Data: 
sábado, 5 de Outubro de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Música e narración oral para público infantil a partir de 4 anos

O vindeiro sábado 5 de outubro ás 11:00 a biblioteca acolle unha actividade moi especial. Celebramos con Caxoto Contacontos as súas dúas décadas de traxectoria percorrendo as bibliotecas de toda Galicia cos seus espectáculos cheos de contos, cantigas e xogos.

Para conmemorar esta efeméride, Caxoto preparou unha selección dos seus maiores éxitos, destacando a parte máis musical. Será un espectáculo participativo e festivo, cheo de cantigas tradicionais, xogos musicados e bailes que farán as delicias de pequenos/as e maiores como cada vez que nos visita.

Queres participar desta celebración?

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 1 de outubro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 durante o horario de apertura.

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.