Contacontos sensorial

Data: 
sábado, 19 de Outubro de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sesión de contos para bebés de 6 a 36 meses

O sábado 19 de outubro ás 11:00 convidámosvos a participar nunha nova sesión de contacontos pensada especialmente para bebés e as súas familias.

Nesta actividade, bebés e adultos/as acompañantes poderán gozar dunha experiencia chea de emocións a través das palabras, as cancións e os contos.

O Contacontos sensorial está deseñado para estimular os sentidos do tacto, a vista e o oído, ofrecendo aos máis pequenos e pequenas a oportunidade de explorar o mundo que os rodea dun xeito divertido e participativo.

Os/as bebés gozarán de palabras doces e cancións amenas, mentres experimentan con obxectos manipulables que estimularán a súa curiosidade. Será un espazo perfecto para compartir momentos de aprendizaxe.

Para participar:

  • Os/as bebés teñen que ter o carné da rede de bibliotecas públicas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 15 de outubro ás 16:00 horas, ben de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.