Xornadas de portas abertas polo Día Internacional das bibliotecas

mércores, 16 de Outubro de 2024

Ven e participa das visitas guiadas polo edificio bibliotecario

Atención, persoas curiosas! A biblioteca establece dúas xornadas de visitas guiadas abertas ao público en xeral para conmemorar o Día internacional das bibliotecas.

Se algunha vez te preguntaches que hai mais alá das portas que sempre están pechadas, se aínda non coñeces todos os servizos que prestamos ou se non tes moi claro como están estructuradas as nosas seccións, esta é a túa oportunidade de descubrilo!

  • A biblioteca organiza dúas visitas guiadas:
  • O xoves 24 de outubro de 18:00 a 19:00 para público en xeral.
  • O venres 25 de outubro de 11:00 a 12:00 para público adulto.

nas que poderedes resolver estas ou calquera outras dúbidas que teñades acerca do noso servizo.

Ademais podedes coñecer tamén a Axencia de lectura da Gándara noutra visita guiada o venres 25 de outubro de 17:30 a 18:30. Será unha boa oportunidade de descubrir os servizos que se prestan en exclusividade neste dispositivo.

Para participar en calquera das visitas só tedes que reservar a vosa praza a partir do venres 18 de outubro ás 9:30 horas. Podedes facelo de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Agardámosvos!

 

 

Etiquetas: 
Visitas guiadas
Portas abertas
Formación de usuarios
Biblioespazo 2024
Día internacional das bibliotecas