Bibliosaia

Data: 
sábado, 26 de Outubro de 2024

Obradoiro infantil para conmemorar o Día internacional das bibliotecas.

O xoves 24 de outubro conmemórase o Día internacional das bibliotecas e para celebralo queremos vestir a nosa de gala.

Organizamos para o sábado 26 ás 11:00 un obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas a partir de catro anos. Partindo dos pensamentos, sentimentos e ideas que a cada un e unha deles lles inspire a biblioteca faremos os retallos que comporán unha saia perfecta.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 22 de outubro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.