Burromaquia

Data: 
sábado, 2 de Novembro de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para público infantil (a partir de 3 anos) e familiar

 

O vindeiro sábado 2 de novembro ás 11:00 a biblioteca recibe á compañía Fantoches Baj coa súa actividade de contacontos infantil e familiar Burromaquia.

Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da súa participación, os nenos e nenas irán descubrindo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 29 de outubro ás 16:00 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.