Presentación de “21. Solamente” de Raquel Villanueva Lorca

venres, 13 de Decembro de 2024

A biblioteca acolle a presentación desta obra

O venres 20 de decembro a biblioteca acollerá o acto de presentación da novela 21. Solamente, da escritora Raquel Villanueva Lorca, obra publicada pola editorial Loto Azul en setembro de 2024.

Raquel Villanueva Lorca, nada en Ponferrada en 1970 e residente en Mugardos, combina a súa traxectoria como auxiliar de enfermería coa súa paixón pola escrita. O seu percorrido literario inclúe obras como La decisión de Elsa (2007), La cruz del sur (2015) e La ecuación más bonita del mundo (2022), ademais de numerosas colaboracións en obras colectivas. É membro de GAF, AGER e do Club Petronio, e colabora con varias revistas culturais.

 21. Solamente é unha novela marcada pola experiencia profesional da autora en xeriátricos, que reflicte con sensibilidade a vida cotiá e as reflexións dunha muller ingresada nun destes centros. A obra mergúllanos nos sentimentos de amor, nostalxia e ilusión, pero tamén nas preguntas fundamentais sobre a identidade, a perda e a invisibilidade das persoas maiores.

O acto terá lugar o venres 20 de decembro ás 18:30 na sala multiusos da planta soto e contará coa escritora naronesa Isabel Ramos Breijo, quen dialogará con Raquel Villanueva sobre os temas abordados nesta obra. Todas as persoas interesadas poderán adquirir un exemplar tras a finalización do acto.

A entrada é libre ata completar aforo. Agardámosvos!

 

 

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Encontros con autoras
Faladoiros