2 pasos, 25 pesetas
Espectáculo de narración oral con Lorena Pinheiro

Este venres 25 de abril ás 19:30 recibimos a Lorena Pinheiro co seu espectáculo 2 pasos, 25 pesetas.
Será unha tarde de humor, maxia e lembranzas na que a contadora se mergullará no cambio que supuxo a chegada do teléfono público para toda unha parroquia. Saladina, a protagonista da historia, pon en marcha o contador, espreita tras da porta para recibir as chamadas e, nas noites, acende a radio para escoitar a voz do seu querido Marcial. De cando en vez, tamén se atreve a chamar ao programa e contar algunha historia.
A sesión levaranos a revivir os anos 80 e a evolución das telecomunicacións con humor e nostalxia, facendo xiros á realidade social e persoal do momento.
Acompáñasnos nesta viaxe? A entrada a este espectáculo é libre ata completar o aforo da sala.
Engadir comentario