Festa!
Contacontos para público infantil e familiar

O sábado 27 de setembro ás 11:00 da mañá temos unha cita imperdible na biblioteca! Nesta ocasión, recibiremos a Iria Pinheiro, que nos convida a celebrar a diversidade cunha festa de contos moi especial.
Trátase dunha contada poética e alegre, baseada no teatro de obxectos, que fará sorrir tanto ás crianzas como ás persoas adultas. A través de historias sorprendentes e cheas de imaxinación coñeceremos sopas insólitas, vacas que poñen ovos e amizades únicas. Unha peza na que cada historia nos lembrará que todas e todos somos diferentes… e que iso é marabilloso.
Para participar:
- Dirixida a nenos e nenas cos tres anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- A inscrición abrirase o martes 23 de setembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981 382 173.
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.
Engadir comentario