Exploradores do cerebro
Aventura para explorar o funcionamento do órgano que manda.

A Biblioteca Pública Municipal de Narón invita a nenos e nenas a partir de 4 anos a embarcarse nunha viaxe divertida e educativa polos misterios do cerebro.
A través dunha viaxe pola neuroloxía, aprenderemos o que fai o noso cerebro, como se comunican as neuronas e por que este órgano é o gran “xefe” do corpo humano.
Coñeceremos tamén a Santiago Ramón y Cajal, o científico español que debuxou por primeira vez as neuronas e nos axudou a entender como funciona a mente.
E para rematar, poñeremos en práctica todo o aprendido xogando ao “Bosque do cerebro”, un xogo creativo onde os/as participantes poderán construír o seu propio bosque neuronal con cores, formas e conexións.
Esta actividade terá lugar o sábado 29 de novembro ás 11:00 horas. Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 25 de novembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.







Engadir comentario