Somos iguais, somos diferentes
Actividade multidisciplinar para conmemorar o Día das persoas con discapacidade

Con motivo do Día internacional das persoas con discapacidade, as alumnas do Grao Superior de Integración Social que están a facer prácticas na nosa biblioteca prepararon un proxecto moi especial: unha actividade multidisciplinar para nenos e nenas a partir de 4 anos e as súas familias. Baixo o título Somos iguais, somos diferentes, ofrécennos unha actividade que mestura contacontos, audiovisual e obradoiros coa que nos convidan a entender e valorar as capacidades diversas.
A actividade, que vai ter lugar o mércores 3 de decembro ás 17:00 horas, busca promover o respecto, a empatía e a conciencia sobre os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade, fomentando un espazo de aprendizaxe e reflexión para toda a comunidade.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do luns 1 de decembro ás 16:00 horas, de maneira presencial o chamando ao 981382173 en horario de apertura.







Engadir comentario