Visitas guiadas á biblioteca

Descubre todo o que agocha a túa biblioteca
Atención, xente curiosa! Con motivo do Día internacional do libro, a biblioteca organiza dúas xornadas de visitas guiadas abertas ao público en xeral.
Se algunha vez quixeches saber que hai tras esas portas que adoitan permanecer pechadas, se aínda non coñeces todos os servizos que ofrecemos ou se tes dúbidas sobre como se organizan as nosas seccións, esta é unha boa ocasión para descubrilo.
A biblioteca programa dúas visitas guiadas:
- O xoves 23 de abril de 18:00 a 19:00 para o público xeral.
- O venres 24 de abril de 11:00 a 12:00 para público adulto.
Nelas poderedes resolver estas e outras cuestións relacionadas co funcionamento do noso servizo.
Ademais, tamén poderedes achegarvos á Axencia de lectura da Gándara noutra visita guiada o venres 24 de abril de 17:30 a 18:30. Será unha oportunidade perfecta para coñecer de primeira man os servizos que se prestan de maneira específica neste espazo.
Para participar en calquera das visitas só tedes que reservar a vosa praza a partir do luns 20 de abril ás 9:30 horas. Podedes facelo presencialmente ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Agardámosvos!







Engadir comentario