Trasnadas
Celebramos o Día internacional do libro cos nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias.

O sábado 25 de abril ás 11:00 a nosa biblioteca convértese nun lugar de risas e imaxinación. Ana Carreira celebra con nós o Día internacional do libro co seu espectáculo de contacontos Trasnadas, pensado para nenos e nenas a partir de 3 anos xunto coas súas familias.
Ana Carreira conta:
"Sempre houbo contos de trasnos, eses argalleiros que case non se deixan ver, pero que se fan notar. Se se meten na casa, na escola ou na biblioteca poden aparecer cousas rotas ou cambiadas de sitio ou que te persigan, xa que aos trasnos seica lles divirte moito facer falcatruadas. Queres saber máis?"
Para asistir, será necesario:
- Ter os tres anos feitos.
- Contar co carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- Reservar praza a partir do martes 21 de abril ás 16:00 h, de xeito presencial ou chamando ao 981382173.







Engadir comentario