Refrán vello, xogo novo!
Actividade para descubrir, xogar e aprender coas palabras e coa sabedoría popular.

Que quere dicir “quen ten un amigo ten un tesouro”? E por que dicimos que alguén “ten un morro que o pisa”? Con Refrán vello, xogo novo, os nenos e nenas achéganse ao mundo dos refráns e das frases feitas dun xeito lúdico e participativo.
A través de xogos, asociacións e pequenos retos, descubrirán expresións da nosa lingua, aprenderán o seu significado e comprobarán que, moitas veces, as palabras poden agochar historias e significados sorprendentes.
A actividade está pensada para fomentar a comprensión e o uso da lingua, ampliar o vocabulario e espertar a curiosidade pola cultura popular e pola tradición oral.
Refrán vello, xogo novo é unha oportunidade para aprender, rir e xogar coas palabras, descubrindo que detrás de cada refrán ou frase feita hai unha pequena historia que contar.
O próximo sábado 26 ás 11:00 h. esperámoste na Biblioteca Municipal de Narón!
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os 7 anos feitos e dispoñer do carné da Rede de Bibliotecas de Galicia sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 22 de setembro ás 16:00 h., de maneira presencial ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.







Engadir comentario