Do depósito ao teu fogar.

venres, 25 de Setembro de 2026

Mostra de todos os materiais que foron obxecto de expurgo durante o verán.

Como viñemos facendo en anos anteriores, este verán realizamos unha tarefa de expurgo na biblioteca. Revisamos arredor de 1.000 volumes que estaban no depósito e, entre eles, atopamos exemplares duplicados ou triplicados e outros materiais que, aínda que deixan de formar parte da colección, poden seguir sendo de interese para outras persoas.

Novelas, poesía, moitísimos contos infantís, catálogos de exposicións de arte e outros materiais forman parte deste lote. Son libros que durante anos estiveron nos nosos andeis e que agora buscan un novo fogar.

Aproveitando a celebración, en outubro, do Día internacional das bibliotecas, poñémolos á vosa disposición para que poidades escoller aqueles que máis vos interesen.

Podes achegarte á planta baixa da sección de adultos/as a partir do xoves 1 de outubro, botar unha ollada e levar para a casa os teus favoritos. Non terás que devolvelos: son para ti.

Os materiais permanecerán expostos ata finais de outubro ou ata esgotar existencias.

 

 

 

Etiquetas: 
Expurgo
Depósito
Doazóns