Exposición de Playmobil: sete mundos en miniatura para descubrir en familia

A biblioteca acolle este Nadal unha exposición de Playmobil con sete dioramas, actividades familiares e entrada de balde.
maxia dos pequenos detalles chega este Nadal á biblioteca cunha exposición de Playmobil que permitirá viaxar por diferentes épocas, mundos fantásticos e escenarios cheos de historias. A mostra está organizada por Clicks Ferrolterra e a S.R.D. Esteiro, coa colaboración do Concello de Narón, e ofrecerá unha proposta para gozar en familia e descubrir o universo destes coñecidos bonecos.
A exposición reúne sete dioramas que ocupan case 25 metros cadrados, nos que as persoas visitantes poderán contemplar escenas moi diferentes:
- O ataque viquingo ao Mosteiro do Couto, unha recreación en Playmobil dun lugar emblemático de Narón.
- O Belén, que achega a tradición e o espírito do Nadal.
- Adventures of Ayuma, un universo fantástico habitado por fadas e cheo de maxia.
- A exploración de Marte, unha aventura espacial no planeta vermello.
- A época vitoriana, cunha ambientación que evoca as súas rúas e construcións.
- O Oeste, cunha escena que recrea a rodaxe dun western como homenaxe á época dourada deste xénero cinematográfico.
- O tren de Nadal, que incorpora o encanto das viaxes ferroviarias propias destas datas.
Cada escenario agocha personaxes, construcións e pequenos detalles que merecen unha ollada atenta. Ademais, durante todas as sesións haberá unha das persoas organizadoras e responsables da exposición para acompañar as visitas, explicar as distintas ambientacións e responder ás preguntas, dúbidas e curiosidades do público asistente.
A proposta complétase con actividades para participar en familia, nas que haberá que superar retos relacionados cos diferentes dioramas, observar con atención e buscar respostas en equipo. Tamén se instalará un photocall para que as persoas visitantes poidan levar unha lembranza da súa visita.
Tamén se poderán concertar visitas para colexios, asociacións e outros colectivos en horarios diferentes aos de apertura ao público. Para solicitalas, cómpre chamar ao 634 848 688.
Datas e horarios:
A exposición poderá visitarse de balde nas seguintes datas:
- 15, 18, 22 e 29 de decembro de 2026 e 8 de xaneiro de 2027: de 17:30 a 19:30 horas.
- 19 e 26 de decembro de 2026 e 2 e 9 de xaneiro de 2027: de 11:00 a 13:00 horas.
Agardámosvos na biblioteca para descubrir estes sete mundos en miniatura, compartir as vosas impresións e comprobar cantas historias se agochan detrás de cada figura!







Engadir comentario