Celebramos o Día do Pai
Como xa sabes, o mércores 19 de marzo celebramos o Día do pai, unha data moi especial para decirlle a papá o moito que o queres e felicitarlle o día.
Se ademáis queres facerlle un pequeno agasallo, na biblioteca temos preparada unha sinxela manualidade para que podas escribirlle unha carta ou facerlle un debuxo. De seguro hase poñer moi contento! Mira que bonita vai quedar:
Ademáis, durante estes días temos exposta na biblioteca unha pequena selección de contos que tratan as relacións entre pais e fillos/as. Por que non levas un para ler con papá? Sería unha forma estupenda de retamar este día tan especial.
Podes consultar todos os títulos dos contos no boletín "Día do pai" que atoparás se premes aqui.
Engadir comentario