Contos de marmeleiro, anís e limón

Data: 
sábado, 18 de Abril de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sesión de contacontos para bebés a cargo de Marisa Irimia

O sábado 18 de abril Marisa Irimia presenta na nosa biblioteca Contos de marmeleiro, anís e limón, unha sesión de contacontos dirixida a bebés entre 0 e 36 meses. Faremos sesión dobre:

  • 11:00-11:30 para bebés entre 0 e 18 meses
  • 12:00-12:30 para bebés entre 19 e 36 meses

Para participar nesta actividade todos os bebés terán que estar dados de alta como usuarios/as da biblioteca (podedes descargar de aquí o modelo de Solicitude de carné).

É imprescindible reservar a praza. Podedes facelo a partir do luns 13 de abril ás 16:00 horas, no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173. Cada bebé poderá quedar acompañado/a dunha única persoa adulta.

Se é a primeira vez que asistes co teu fillo/a a unha sesión de contacontos para bebés ou tes curiosidade por coñecer máis sobre as particularidades dos espectáculos para este tipo de público podes botar un ollo ao artigo Contar contos aos bebés, resolvendo dúbidas.