Os máis lidos xaneiro-febreiro-marzo 2015

martes, 14 de Abril de 2015

A lista dos dez títulos máis solicitados polos lectores/as da biblioteca durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2015

Os máis lidos xaneiro-febreiro-marzo 2015

  1. Mi color favorito es verte, de Pilar Eyre.
  2. Demonios familiares, de Ana María Matute.
  3. Se prohíbe mantener afectos desmedidos en la puerta de la pensión, de Mamen Sánchez.
  4. La pirámide inmortal, de Javier Sierra.
  5. Un jardín al norte, de Boris Izaguirre.
  6. Correr hacia un sueño, de Giuseppe Catozzella.
  7. Eclipse, de John Banville.
  8. La mujer de un solo hombre, de A.S.A. Harrison.
  9. La esperanza perfecta, de Nora Roberts.
  10. Hambre, de Alberto Vázquez-Figueroa.

Esta é a lista dos libros máis solicitados na biblioteca no primeiro trimestre de ano.

Os cinco primeiros postos están ocupados por libros na súa versión orixinal. O primeiro deles corresponde a Mi color favorito es verte, de Pilar Eyre, obra finalista do último Premio Planeta.

No segundo lugar atopamos Demonios familiares, a derradeira e inacabada obra de Ana María Matute. A autora estaba traballando nela cando en xuño de 2014 faleceu tras uns días enferma. Esta circunstancia espertou o interese por Matute entre os nosos usuarios/as, que ademáis de solicitar este título durante este trimestre, levan revisando toda a súa obra dende o ano pasado, especialmente Olvidado rey Gudú (unha das súas novelas máis representativas) e El aprendiz, da que se fixo unha reedición tras o seu pasamento.

A continuación temos Se prohíbe mantener afectos desmedidos en la puerta de la pensión, da escritora e xornalista Mamen Sánchez, que ten entre os nosos usuarios/as un gran número de seguidores. A súa obra anterior, publicada en 2013 e titulada La felicidad es un té contigo, segue sendo un título moi solicitado na nosa biblioteca ano e medio despois da súa publicación.

Outro autor de cuxa traxectoria están pendentes os nosos/as usuarios/a é Javier Sierra. A súa novela La pirámide inmortal ocupa o terceiro posto da lista, espertando o mesmo interese que no seu día suscitou La cena secreta, outro dos seus grandes éxitos entre os nosos lectores/as. O mesmo poderiamos dicir de Nora Roberts e Alberto Vázquez-Figueroa, que ocupan os postos nove e dez coas novelas La esperanza perfecta e Hambre, respectivamente.

El tiempo entre costuras foi un grande éxito editorial en 2009, chegando incluso a adaptarse o seu argumento para un guión audiovisual. A novela estaba protagonizada por Sara Quiroga, personaxe inspirado na espía Rosalinda Fox. Boris Izaguirre recupera a figura desta última para a súa novela Un jardín al norte.

Correr hacia un sueño é unha novela biográfica que narra a loita da somalí Samia Yusuf Omar por converterse en atleta, tarefa nada doada nun país onde a falta de oportunidades para as mulleres supón un dos obstáculos máis importantes para o seu desenvolvemento en calquera campo. O seu exemplo de loita e perseverancia colocan a esta obra escrita polo italiano Giuseppe Catozzella no sexto posto da lista.

Outro exemplo de como os premios literarios poden recuperar o interese por determinados autores/as témolo no sétimo lugar. A pesares de que a súa novela Eclipse ten xa quince anos, o outorgamento do Premio Príncipe de Asturias ao irlandés John Banville, volveu poñelo de actualidade.

Xa temos na lista exemplos de novela romántica, histórica, biográfica, social… e non podía faltar a intriga criminal, xénero representado por La mujer de un solo hombre, primeira e derradeira novela de A.S.A. Harrison.

Etiquetas: 
Lecturas
Reservas
Préstamos
2015