Pedro, o lobo e Prokófiev

Data: 
sábado, 21 de Novembro de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un conto musicado para nenos e nenas entre 3 e 9 anos

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o mércores 18 ás 11:30 horas.

Seguiremos apuntando nenos/as en lista de espera ata o xoves ás 20:00 horas. Se se forma un grupo amplo valoraremos a posibilidade de repetir a actividade nunha tarde da vindeira semana.

Este sábado 21 de novembro celebramos cun día de antelación Santa Icía, patroa dos músicos. Os nenos e nenas entre 3 e 9 anos poderán disfrutar da proxección de Pedro e o lobo, a obra que Sergéi Prokófiev compuxo para espertar o gusto musical entre os máis pequenos/as.

Da man dos protagonistas do conto coñeceremos algún dos principais instrumentos da orquestra: a frauta, o oboe, o fagot...

Para participar nesta actividade é imprescindible:

  • Ter o carné da biblioteca. Se aínda non o tes podes desgargar dende aquí a solicitude e traela cuberta xunto coa documentación que se indica.
  • Reservar praza a partir do mércores 18 de novembro ás 9:30 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173 (en horario de apertura).