Taller intergeneracional de poesía
Poesía es familia
O luns 21 de marzo celébrase o Día da poesía e para conmemorar esta data organizamos un obradoiro no que nenos/as e grandes comporán unha obra de 99 versos.
Será o sábado anterior, o 19 de marzo, de 11:30 a 13:00 horas.
En que consiste esta actividade?
- Nun primeiro momento a monitora explicará o proxecto común e entregará os materiais a empregar.
- A continuación veremos unha serie de imaxes e escoitaremos uns versos relacionados co tema a traballar. Esto dará paso a un pequeno debate entre os participantes.
- Rematamos coas dinámicas de composición de versos, a parte máis creativa e divertida onde a imaxe e a palabra serán protagonistas.
Esta actividade está aberta a todas as idades e, aínda que podedes inscribirvos de maneira individual, é perfecta para realizar en familia.
Para participar:
- É necesario ter o carné da biblioteca.
- Tedes que reservar praza a partir do luns 14 de marzo ás 16:00 horas na propia biblioteca ou chamando ao 981 382 173 durante o horario de apertura.
Engadir comentario