Eu leo, eu son Booktuber

venres, 18 de Marzo de 2016

Actividade para celebrar o Día do libro o vindeiro 23 de abril

Entre a moitas actividades que imos desenvolver en abril, mes do libro por excelencia, queremos destacar unha proposta que vai dirixida principalmente ao público xuvenil.

Trátase da creación dunha canle en Youtube con vídeos de entre 4 e 7 minutos de duración onde os/as participantes poderán facer reseñas e recomendacións dos seus libros favoritos, dos xéneros literarios que máis adoitan ler, da lista dos que consideran os cinco libros imprescindibles, daqueles outros libros que, pola contra, non lles gustaron nada...

As persoas que queran participar poderán facelo de maneira individual ou en grupo de como máximo tres participantes.

Os vídeos grabaranse na biblioteca o sábado 16 de abril para seren presentados o sábado seguinte, Día do libro.

Para participar:

  • Ponte en contacto canto antes coa biblioteca para inscribirte na actividade (chama ao 981 382 173 ou escribe a biblioteca.central@naron.es).
  • Hai un número limitado de prazas, pero recolleremos todas as solicitudes ata o mércores 13 de abril. Se chegado este día hai máis solicitudes que prazas teremos que facer unha selección.
  • Aínda que a actividade está dirixida ao público xuvenil, poden inscribirse persoas de todas as idades. Os mozos e mozas terán prioridade no caso de ter que facer unha selección, pero se hai solicitudes abondas de pùblico adulto poderemos crear outra canle nos meses seguintes.

Se todo isto de "Booktube" é novo para ti, podes botar un ollo a este vídeo que no simpático galego Sebastián G. Mouret (El coleccionista de Mundos) fala de Corazón de mariposa, da moza ferrolá Andrea Tomé. Podes buscar ti mesma/o máis vídeos de reseñas en Youtube para orientarte e decidir como o queres facer.

Etiquetas: 
Reseñas
Actividades
Audiovisuais
xuvenil
Vídeos
Youtube
Booktube