365 +1, todos os días son o Día da nai
Obradoiro no que os nosos nenos e nenas elaborarán un agasallo para as súas nais
O sábado 30 de abril, véspera do Día da nai, adicaremos a mañá a traballar para as mamás dos nosos usuarios e usuarias máis noviños.
Entre as 10:30 e as 11:30 será o turno dos nenos e nenas con 5 anos ou máis, que poderán vir sós ou acompañados dunha persoa adulta que non sexa a súa nai nin a nai de ningún outro/a participante.
Entre as 11:45 e as 12:45 recibiremos aos máis pequerrechos/as; os nenos e nenas entre 2 e 4 anos. Estes/as participantes si terán que vir obrigatoriamente cunha persoa adulta para que lles axude. Coma no caso anterior, esta persoa axudante non pode ser a súa nai nin a nai doutro/a participante no obradoiro.
Para inscribirse nesta actividade:
- É necesario ter o carné da biblioteca.
- Podedes reservar praza a partir do martes 26 de abril ás 9:30 horas, no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173 durante o horario de apertura.
Esta actividade desenvolverase na sala multiusos da segunda planta.
Engadir comentario