Polo San Xoán, sardiñas e pan!!
Unha xornada con contos, lendas e xogos para coñecer as tradicións do día de San Xoán
A noite máis curta do ano aproxímase e, con ela, unha morea de tradicións moi nosas que se renovan un ano máis. Para que os nenos e nenas coñezan estas tradicións e ritos asociados á noite de San Xoán, organizamos unha sesión de contos, lendas e xogos.
Será o sábado 18 de xuño ás 11:00 da mañá e poderán participar nenos e nenas a partir de 4 anos.
Para reservar praza:
- É imprescindible ter o carné da biblioteca.
- Podedes inscribirvos a partir do martes 14 de xuño ás 9:30 horas, no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.
Engadir comentario