Obradoiro de manexo básico do smartphone

xoves, 6 de Outubro de 2016

Aprenderás a sacarlle o mellor rendemento ao teu teléfono móbil

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o xoves 20 de outubro

Estamos vivindo unha época na que a información e a comunicación inmediata forman parte da nosa rutina diaria. Unha das ferramentas máis utilizadas na actualidade para estar ao día e relacionarnos coas persoas do noso entorno persoal e profesional, é o teléfono móbil. Xa case non lembramos aqueles teléfonos cos que só podíamos escoitar a voz do interlocutor. Agora temos a posibilidade de enviar correos electrónicos, fotos, gravacións de audio, compartir algunha noticia que nos chamou a atención, etc.

Porén, non podemos esquecer que aínda hai moitas persoas ás que se lles resisten estas tecnoloxías. Para elas organizamos un obradoiro básico no que aprenderán a facer uso destes servizos e a sacarlle o mellor rendemento ao seu dispositivo.

 

Cando? 

Do luns 24 ao venres 28 de outubro, de 19:00 a 21:00 horas (10 horas en total)

Onde?

Aula de informática da Casa da Mocidade (A Gándara)

Como inscribirse? 

É imprescindible inscribirse a partir do luns 10 de outubro ás 9:30 horas na Biblioteca do Alto. Só de maneira presencial.

Número de prazas

As prazas ofertadas son 8, que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición.

Etiquetas: 
Biblioespazo 2016
Obradoiros