Os nosos museos, moito que ver!

Data: 
sábado, 11 de Novembro de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Unha actividade para dar a coñecer os museos máis destacados da contorna

Os museos son os protagonistas da vindeira actividade do Programa Biblioespazo 2017. No noso imaxinario, probablemente o primeiro que nos pasa pola cabeza ao pensar nun museo, é un edificio no que se expoñen pinturas, fotografías ou esculturas.

Pois ben, o sábado 11 de novembro entre as 11:00 e as 12:00, os nenos e nenas a partir de 5 anos poderán asistir a unha sesión onde coñecerán os museos máis importantes da contorna e as súas principais características. Aprenderán que hai diferentes tipos de museos, que tamén dan información ou albergan coleccións de obxectos curiosos. De seguro que algún deles os sorprenderá!

 

Para participar é necesario:

  • Ter o carné da rede de bibliotecas
  • Reservar praza a partir do martes 7 de novembro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.