Diagnosticando a igualdade
Celebramos o Día internacional da Muller cun contacontos especial
"Os contos foron sempre fieis testemuñas do seu momento histórico. A través dos contos coñecemos os valores dunha época, o comportamento das súas xentes, as relacións que se daban entre clases sociais, entre iguais, ... e por suposto entre homes e mulleres. Neste espectáculo de contos Caxoto Contacontos fai un repaso pola nosa tradición oral á busca dos contos nos que quedou reflexado a relación entre sexo feminino e o masculino para contrapoñelo aos nosos días".
A actividade desenvolverase o sábado 10 de marzo ás 11:00 da mañá e está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos.
Para participar:
- É necesario que os nenos e nenas teñan o carné da rede de bibliotecas.
- Podes reservar a súa praza a partir do martes 6 de marzo ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario