Unha caixa chea de sentimentos

Data: 
sábado, 24 de Marzo de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos e obradoiro sobre as emocións para nenos e nenas a partir de 4 anos

O 20 de marzo conmemórase o Día internacional da felicidade, un dos sentimentos máis bonitos que podemos experimentar. Para celebrar esta data organizamos unha sesión de contacontos e obradoiro no que trataremos esta e outras moitas emocións. 

A actividade xirará en torno ás caixas nas que moitos e moitas de nós gardabamos aqueles obxectos que nos facían sentir diferentes emocións: felicidade, orgullo, tristeza, gratitude. Deste xeito os nenos e nenas coñecerán unha forma de identificar e atesorar os seus sentimentos.

Unha caixa chea de sentimentos é unha actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos. Terá lugar o sábado 24 de marzo ás 11:00 horas. Para que os vosos fillos e fillas participen:

  • É necesario que teñan o carné da rede de bibliotecas (sen sancións pendentes).
  • Tedes que reservar praza a partir do martes 20 de marzo ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.