Presentación: Asombrario, de Ana Varela

Data: 
sábado, 26 de Maio de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

A poeta e tradutora naronesa Ana Varela presenta a obra coa que acadou o Premio Francisco Añón de Poesía

O Concello de Outes organiza anualmente o Certame Francisco Añón de Poesía, para o que establece seis categorías e premios segundo a idade das persoas participantes.

En 2017 celebrouse a súa vixésimo primeira edición, á que se presentaron máis de catrocentas obras orixinais. A obra gañadora na categoría de maiores de 18 anos foi Asombrario, da poeta e tradutora naronesa Ana Varela Miño. Segundo as palabras do xurado, este poemario "constrúe un dicionario de asombros" con "sutileza, elegancia e fluidez, poñendo en valor a propia palabra, o que significa en si mesma".

A obra acaba de ser editada e presentada en Outes, concello organizador do certame. A autora do poemario escolleu como segundo lugar para amosalo ao público o noso concello, lugar onde ela naceu, medrou e reside.

A biblioteca acollerá esta presentación o sábado 26 de maio ás 12:00 da mañá.

Intervirán:

  • Ana Varela, a autora.
  • Ismael Ramos, poeta.
  • Santiago Nieto, técnico de cultura do Concello de Outes.