Deseño de bolsas e mochilas para lectores/as
Personalizamos as bolsas coas que transportar os nosos libros
Todos os usuarios e usuarias da biblioteca tedes unha cousa en común: o amor polos libros. Se aínda es dos que prefiren a lectura en papel ou a compaxinas coa lectura en formato electrónico, ofrecémosche unha actividade para que poidas gardar e transportar os teus prezados obxectos dun xeito personalizado: O obradoiro de deseño de bolsas e mochilas para lectores/as.
Con fieltros, retais, cintas, abalorios e moitos outros obxectos deseñaremos as bolsas coas que traer e levar os nosos libros á biblioteca, á praia, ao parque ou a calquera outro sitio onde nos guste disfrutar da lectura.
As bolsas e demáis elementos para este obradoiro corren da nosa conta, ti só tes que traer a túa imaxinación.
Esta actividade vaise desenvolver o xoves 24 de abril ás 18:30 h. e está destinada a público adulto (a partir de 16 anos).
Para participar:
- Tes que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- Reserva praza a partir do luns 15 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario