Libros infantís de balde na Axencia de lectura municipal da Gándara

luns, 22 de Xullo de 2019

As obras expurgadas do fondo infantil da Axencia de lectura municipal da Gándara serán doadas a particulares e entidades que as soliciten.

A Axencia de lectura da Gándara segue no seu proceso de actualización e renovación dos fondos. 

Das tarefas de expurgo dos materiais infantís máis antigos e/ou menos demandados xordeu un bo lote de libros que agora poñemos a disposición de toda a veciñanza. O fondo expurgado da sección infantil estará exposto dende o luns 29 de xullo ata o martes 6 de agosto en horario de apertura para que todas as persoas particulares ou entidades pasen a retirar o que lles poida resultar de interese. 

O horario da axencia de lectura en verán é o seguinte:

  • Luns de 10:30 a 13:30.
  • Martes de 18:00 a 21:00.
  • Xoves de 18:00 a 21:00.

 

Etiquetas: 
Expurgo
Doazóns
Literatura infantil
Axencia de lectura municipal da Gándara