Microrrelatamos o noso mundo
Actividade para espertar a imaxinación e a creatividade literaria dos nenos e nenas.
O pasado 14 de outubro celebrouse o Día das Escritoras, data na que se reivindica o labor das mulleres na literatura e se pretende combater a discriminación que sufriron na súa historia.
Co gallo da celebración do Día da biblioteca non tivemos a oportunidade de darlle a esta data o protagonismo que merece, por iso queremos destacalo agora cunha actividade moi especial: Microrrelatando o noso mundo ofrece aos nenos e nenas a oportunidade de xogar coa súa imaxinación e crear pequenas obras literarias de pouco máis de cinco palabras.
Deste xeito os/as participantes coñecerán o microrrelato, xénero literario que está a espertar moito interese na actualidade polo seu contido directo e cargado de significado. Será moi divertido e interesante para eles descubrir esta maneira de expresar as súas ideas e inquedanzas e de converterse en escritores/as e contadores/as das historias que pasan polas súas cabeciñas.
A actividade vaise desenvolver o sábado 9 de novembro ás 11:00 da mañá.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É imprescindible reservar praza a partir do martes 5 ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario