Galegos en Mauthausen
Exposición fotográfica da Asociación cultural Memoria Histórica Democrática
A sala de exposicións (planta sótano) da biblioteca acollerá entre o luns 20 de xaneiro (a partir das 19:00 horas) e o sábado 1 de febreiro a exposición fotográfica Galegos en Mauthausen, da Asociación cultural Memoria Histórica Democrática.
A mostra está composta por 40 fotografías que amosan as condicións de vida no campo de concentración nazi no que morreron preto de douscentos galegos e galegas, así coma documentación (cartas, fotografías…) dalgunha das persoas presas.
A exposición poderá visitarse no seguinte horario:
- De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
- Sábados de 10:00 a 13:00 horas.
Engadir comentario