Obradoiro de creación de mandalas

Data: 
sábado, 25 de Xaneiro de 2020
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade coa que conmemoramos o Día da ilustración.

O vindeiro día 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao. Na biblioteca queremos conmemorar esta data practicando cos nenos e nenas unha técnica ilustrativa moi especial:  os mandalas.

A técnica de mandalas ten a súa orixe na India. Mandala é unha palabra que provén do sánscrito e significa centro, círculo. Esta forma xeométrica é a base da que parten os deseños destas estruturas. Con esta actividade buscamos que os nenos e nenas participantes aprendan a crear estes debuxos que axudan a mellorar a  atención e fortalecer o proceso creativo. É unha técnica moi relaxante que as persoas adultas tamén podemos empregar.

No obradoiro que terá lugar o sábado 25 de xaneiro ás 11:00 da mañá, os nenos e nenas deseñarán os seus propios mandalas e os decorarán coas cores que máis lles gusten. Ao rematar a actividade colocaremos todos os deseños nun mural común que quedará exposto na sala infantil.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 21 de xaneiro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.