Presentación de "Melodías de seda"

venres, 21 de Febreiro de 2020

A naronesa Silvia Romero presenta o seu poemario na biblioteca

O venres 28 de febreiro ás 19:30 h a sala multiusos da planta soto da biblioteca acolle a presentación de Melodías de seda, poemario da naronesa Silvia Romero.

A autora conta que de nena espertou o seu amor e a súa curiosidade pola poesía a primeira vez que escoitou o poema de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes". Dende entón non deixou de escribir poemas á vida.

Melodías de seda é unha recopilación de poemas que xorden en diferentes momentos da súa vida, expostos de maneira epistolar. En palabras de Romero "La vida nos invita a escucharla. Si lo hacemos con atención podremos encontrar los susurros secretos del corazón llamando a las puertas del silencio. Será entonces, con las puertas de la percepción abiertas, cuando podremos comprender que la sinfonía de la Vida teje sus melodías con hilos de Seda"

 
 
Etiquetas: 
poemas
Presentacións
Libros
Biblioespazo 2020