Que animaliño é?
Contacontos para bebés de 0 a 3 anos
O sábado 17 de outubro ás 11:00 da mañá a sala de actividades da sección infantil acollerá unha sesión de contacontos para bebés de 0 a 3 anos da compañía Trémola Teatro.
Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos/as da casa poidan coñecer os distintos animais. Que animaliño é?, é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.
Para participar nesta actividade:
Os nenos e nenas deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
É imprescindible reservar praza a partir do martes 13 de outubro na sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
IMPORTANTE:
Por razóns de seguridade todos os nenos e nenas teñen que quedar acompañados/as dunha persoa adulta.
Por favor, agardade no exterior ata ser chamados/as gardando a debida distancia de seguridade co resto das persoas. Unha traballadora da biblioteca estará pendente da vosa chegada e organizará a vosa entrada para facela de maneira segura.
O espazo na sala de actividades estará disposto para cumprir con todas as medidas de seguridade (ventilación, desinfección, distancia de seguridade).
Lembrade que as persoas adultas deben levar posta a máscara en todo momento.
Engadir comentario