A viaxe de Mina
Retomamos as actividades infantís do programa Biblioespazo 2021
O sábado 2 de outubro ás 11:00 da mañá retomamos as actividades infantís presenciais na biblioteca.
Nesta ocasión a compañía Maio Creacións ofrece ao público infantil (a partir de 4 anos) e familiar o conto A viaxe de Mina, un espectáculo que definen así:
Mina é unha nena alegre, segura de si mesma, de gustos un tanto estrafalarios e... gorda. Isto último é o que á sociedade non lle gusta. Mina quere vivir nun mundo de xente tolerante e para acadalo vai emprender a viaxe máis importante da súa vida. Acompáñala?
Para participar nesta actividade:
· Os nenos e nenas deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
· É imprescindible reservar praza a partir do martes 28 de setembro ás 16:00 horas na sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
IMPORTANTE:
Por razóns de seguridade todos os nenos e nenas teñen que quedar acompañados/as dunha persoa adulta.
Por favor, agardade no exterior ata ser chamados/as gardando a debida distancia de seguridade co resto das persoas. Unha traballadora da biblioteca estará pendente da vosa chegada e organizará a vosa entrada para facela de maneira segura.
O espazo na sala de actividades estará disposto para cumprir con todas as medidas de seguridade (ventilación, desinfección, distancia de seguridade).
Lembrade que as persoas a partir de 6 anos deben levar posta a máscara en todo momento.
Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia a través do programa Ler conta moito.
Engadir comentario