A oca de Andersen
Un xogo sobre os contos tradicionais
O sábado 25 de marzo ás 11:00 da mañá celebramos cun chisco de adianto o Día internacional do libro infantil e xuvenil.
A efeméride conmemórase o 2 de abril por ser esta a data de nacemento en 1805 de Hans Christian Andersen, autor de numerosos contos clásicos infantís.
Tomando como base a obra do autor danés organizamos o xogo A oca de Andersen onde os personaxes e o propio autor serán protagonistas desta adaptación do clásico xogo da oca. Os nenos e nenas participarán por equipos nun apaixoante percorrido dende a caixa de saída ata a meta.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os cinco anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 21 de marzo ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario