Tempada 2023-2024 de actividades permanentes para persoas adultas
En outubro retomamos o programa de actividades permanentes para persoas adultas
Tras o breve parón do verán neste mes de outubro retomamos tres actividades permanentes que a biblioteca ofrece ao público adulto:
Club de lectura feminista:
Dende outubro de 2020 ata o final da pasada tempada xuntabamosnos dúas veces ao mes para coñecer, reflexionar e compartir sobre diferentes temas e cuestións desde unha perspectiva feminista a través da lectura de diferentes autoras.
A partir de agora a periodicidade destas xuntanzas pasa a ser mensual, sempre en xoves de 18:00 a 19:30 h.
Dende o mércores 13 ata o venres 15 de setembro abrimos o prazo de preinscrición nesta actividade na que ofertamos 12 prazas. A preinscrición pode facerse no horario de apertura da biblioteca tanto de maneira presencial como chamando ao 981382173.
O luns 18 de setembro as prazas outorgaranse da seguinte maneira:
- Se hai un número inferior ou igual de solicitudes que de prazas: adxudicación directa.
- Se hai un número superior de solicitudes que de prazas: celebrarase un sorteo ás 12:00 da mañá. No sorteo establecerase a orde de outorgamento de prazas e da lista de reservas.
As persoas que obteñan praza nesta actividade serán informadas das lecturas para o primeiro trimestre.
As datas para as xuntanzas no primeiro trimestre serán:
- Xoves 19 de outubro.
- Xoves 9 de novembro.
- Xoves 14 de decembro.
Club de lectura xeral:
Seguirémonos reunindo un martes ao mes de 19:00 a 20:30 horas para comentar lecturas comúns.
Dende o mércores 13 ata o venres 15 de setembro abrimos o prazo de preinscrición nesta actividade na que ofertamos 12 prazas. A preinscrición pode facerse no horario de apertura da biblioteca tanto de maneira presencial como chamando ao 981382173.
O luns 18 de setembro as prazas outorgaranse da seguinte maneira:
- Se hai un número inferior ou igual de solicitudes que de prazas: adxudicación directa.
- Se hai un número superior de solicitudes que de prazas: celebrarase un sorteo ás 12:00 da mañá. No sorteo establecerase a orde de outorgamento de prazas e da lista de reservas.
As persoas que obteñan praza poderán levar en préstamo a primeira das lecturas do trimestre, que estará dispoñible na biblioteca o luns 18 de setembro.
As datas para as xuntanzas no primeiro trimestre serán:
- Martes 17 de outubro.
- Martes 14 de novembro.
- Martes 19 de decembro.
Mesas de conversa en inglés:
Actividade que prestamos dende outubro de 2017 e que ten como finalidade mellorar o nivel de expresión oral en inglés.
Todos os luns en dúas sesións:
- 17:00 a 18:00.
- 18:00 a 19:00.
A participación é libre e de balde. Non son cursos, senón sesións soltas para as que cada persoa ten que reservar a súa praza cada vez que queira participar. Abrimos a lista de inscrición para cada luns o mércores anterior ás 9:30 horas. As persoas interesadas poden inscribirse de maneira presencial ou telefónica en horario de apertura da biblioteca.
O mércores 27 de setembro ás 9:30 abrimos o prazo de inscrición para as primeiras sesións deste trimestre (as do luns 2 de outubro).
Engadir comentario