Descubrindo o mundo coa microbioloxía
Obradoiro para pequenos/as científicos/as
O 11 de febreiro está marcado no calendario como o Día internacional da muller e da nena na ciencia, unha data para recoñecer o papel clave que desempeñan as mulleres na ciencia e na tecnoloxía e acadar unha meirande participación e inclusión das mulleres e das nenas neste ámbito.
A biblioteca promove este acceso por igual dos nenos e nenas ao mundo científico coa programación do obradoiro Descubrindo o mundo coa microbioloxía, da compañía Moc Moc.
O sábado 3 de febreiro ás 11:00 recibimos á bióloga Fanny García, que nos traerá un microscopio a través do cal abrirá a fiestra a un mundo engaiolante.
Con este miscroscopio, un pouco de auga, un anaco de cristal e moita curiosidade poderemos dar resposta a preguntas como: que hai nun charco? Por que as plantas son verdes? Por que o pole ou o pelo dos animais poden dar alerxia? Que é unha célula e por que as temos todos os seres vivos?
Este obradoiro está deseñado especialmente para os peques curiosos/as aos que lles gusta explorar o mundo que nos rodea. A adaptación das explicacións e as actividades fomentarán un entendemento sinxelo e divertido, permitindo que os nenos e nenas dean os seus primeiros pasos neste emocionante mundo da microbioloxía.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os seis anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 30 de xaneiro ás 16:00 horas de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario