A escritora novel naronesa María Isabel Cagiao Branco presentará o mércores 8 de febreiro na biblioteca as súas dúas primeiras novelas, Gomets e Gomets II, la casa de encuentros.
Estas dúas obras foron publicadas pola editorial Diversidad Literaria en 2021 e 2022 e forman parte do que nun futuro próximo será unha triloxía. En palabras da propia autora, as novelas están a ter unha boa acollida entre o público lector, que adoita identificarse con algún dos personaxes, co entorno e...