A biblio sobre rodas
Celebramos o Día do bibliobús
Cada 28 de xaneiro celébrase en España o Día do Bibliobús. Os bibliobuses son bibliotecas móbiles instaladas en autobuses para levar os seus servizos ás zonas rurais máis despoboadas que non contan con biblioteca pública. Deste xeito garántese a toda a cidadanía o acceso á lectura e á cultura.
Na biblioteca queremos celebrar esta data coa actividade A biblio sobre rodas. Con ela os nenos e nenas coñecerán as caracterísicas das bibliotecas móbiles (non só os bibliobuses) e terán a oportunidade de “viaxar” cos seus contos favoritos nun bibliobús confeccionado por eles e elas mesmos.
Será o vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 11:00 da mañá.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 24 de xaneiro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario